Pechamos para ti a nosa barra, o noso local “orixe”. Unha mesa única en 6 casetas do mercado de Abastos.
(Mínimo 8 persoas, máximo de 12)
CON Reserva_
a Porta Pechada
CON Reserva a partir das 15h e das 22h (nos últimos pases).
A taberna transfórmase nun Espazo Gastronómico dunha soa mesa. A nosa mesa única ofrece un servizo moi especial… A posibilidade de pechar o local para un grupiño e gozar da nosa oferta máis intimista e persoal. A esencia do Abastos.
O cliente decide canto quere gastar e que non quere nin pode comer. Nós en función do que atopamos no Mercado facemos un menú a medida… Os menús comezan en 50€.
Mínimo 8 persoas, máximo 12.
Nesta tempada, ofertamos o Menú#Abastada. Un menú maridado e sen sorpresas por 50€
50€/p