icono-pez

somos abastos.

Abastos, de Abastecer.

Persoas para persoas. Xa o dicía Cunqueiro: Xente daquí e de acolá!

Taberneiros (contadores de historias) , produtores-amigos (con nome e apelidos) que cada día visitan os diferentes espazos Abastos e forman parte desta comunidade local á que nós chamamos a ”parroquia Abastos”.

Tamén somos cociña: da normalidade (e de proximidade), centrada na idea de produto local fresco e de calidade, sen grandes artificios que agochen o valor intrínseco do produto. A temporalidade manda. O produto polo produto.  Cociña galega,  revisada e actualizada. Portadores do patrimonio vitivinícola das Galicias do viño.

Máis aló dun bar, dunha casa de xantares, dun restaurante… Abastos trata de contar unha historia: a nosa.
Converter o cotián en algo extraordinario.

Abastece…que non é pouco!

Somos… Abastos.